As finais de Cópaa Deputación de fútbol base serán todas en Soutopenedo

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Presentación de las finales en el campo de Soutopenedo.
Presentación das finais no campo de Soutopenedo. cedida

Os partidos concentraranse en dúas xornadas: o 17 e o 25 de xuño

11 may 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

As finais de Cópaa Deputación de fútbol base de Ourense terán este ano unha única sede: o campo de fútbol do Corgo, en Soutopenedo (San Cibrao das Viñas), en lugar dos diversos escenarios polos que se moveron en tempadas anteriores. Ademais, as finais de fútbol 11 e fútbol 8 concentraranse en só dúas xornadas: o 18 de xuño e 25 de xuño. Nesa primeira xornada serán as finais de infantís, alevíns e benxamíns de Primeira e Segunda Galicia e a de prebenjamines. O domingo 25 serán as de xuvenís e cadetes. O obxectivo de concentrar os partidos nun único escenario e día é dar «aínda máis visibilidade ao fútbol base», segundo o delegado federativo, Raúl Rois.

A final de Cópaa Deputación de afeccionados será o sábado 24 de xuño nunha sede aínda por determinar.