Os comercios locais sacaron a moda de verán á rúa do Paseo

La Voz OURENSE

OURENSE

A vía pública converteuse nunha pasarela

30 abr 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

A cantante Lucía Pérez foi a encargada de presentar o desfile de moda organizado o venres no Paseo polo comercio local. Os establecementos mostraron as súas propostas para home, muller e neno de cara ao verán. Na pasarela conviviron modelos profesionais con outros afeccionados e tamén participaron persoas con síndrome de Down, nun intento de converter esta cita nun acto inclusivo.