A Deputación destina 366.000 euros a obras en seis concellos da provincia

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Reunión de la Xunta de Goberno de la Diputación de Ourense
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense Alberte Paz

O organismo provincial aproba a publicación dun libro sobre Basilio Álvarez

28 mar 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A Xunta de Goberno dá Deputación de Ourense celebrou a súa reunión semanal e na mesma aprobáronse axudas para desenvolver proxectos en seis municipios da provincia. En conxunto as subvencións suman 366.000 euros.

No caso de Cartelle o proxecto para desenvolver é a mellora da área de autocaravanas de Nogueiró. Chandrexa de Queixa acometerá o acondicionamento do firme de varias vías municipais e Monterrei realizará as obras de saneamento no núcleo de Flariz.

No municipio de Nogueira de Ramuín o obxectivo é acometer a primeira fase de humanización da travesía de San Miguel do Campo a Gundiás. En Padrenda procederase a reformar a piscina municipal. No caso do municipio de San Cristovo de Cea a actuación para desenvolver será a pavimentación do núcleo de Fondo de Cea.

Na reunión da Xunta de Goberno provincial tamén se deu luz verde á publicación do libro Ese vento que vai sobre a terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez, do profesor da USC Miguel Cabo Villaverde.