Ribadavia xa vive a Istoria

m. d. OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

O programa de actividades para o sábado inclúe o xadrez vivente, a voda xudía e un concerto de Milladoiro

27 ago 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A Festa dá Istoria retrocede no tempo a Ribadavia e faino coas ganas de recuperar os últimos dous anos a medio gas por culpa da pandemia. «A verdade é que levamos días vendo que xa hai moita xente polas rúas e moitos visitantes na vila. Tiñamos moitas ganas de recuperar esta festa e tamén a normalidade», afirma Yolanda Gómez, vicepresidenta da coordinadora que organiza esta celebración. As actividades arrincaron o venres aínda que o día grande da festa é este sábado. Entre as iniciativas do primeiro día tivo unha gran acollida unha nova proposta, un xogo de escape baseado na historia do Rey García. «Os participantes tiñan que seguir unha serie de pistas e realizar probas tanto polas rúas coma no castelo», explica Gómez, que xa afirma que o ano que vén repetirase a proposta.

Imprescindible

O programa da Festa dá Istoria está cheo de actividades organizadas para este sábado. Desde as dez e media da mañá, coa apertura do mercado medieval, sucederanse as opcións para divertirse. Ás 11.00 horas arrinca o desfile desde a rúa Baixada ata o castelo. «Se é a primeira vez que veñen, non se poden perder o desfile porque nel participan centos de persoas, todos caracterizados. Tampouco o xadrez vivinte, no que cada figura é un neno», apunta a vicepresidenta da coordinadora da Festa dá Istoria. As pezas dese xadrez son nenos, veciños de Ribadavia, que se toman moi en serio a súa función. «Colabora con nós o Clube de Xadrez de Ourense, que é quen organiza a partida. Cando un xogador come unha peza, recollemos ao neno cunha carretilla e todo. Son rapaces moi implicados e algunhas veces incluso se enfadan», engade.

Ás 13.30 horas chegará a voda xudía. «É unha actividade única. Fai un recorrido polas rúas da vila e remata coa cerimonia na igrexa de Oliveira», apunta Gómez. Ás 14.30 horas terá lugar a comida medieval no local social da Madalena. Ás 16.00 horas será o concurso de vestimenta medieval e ás 22.30, un concerto de Milladoiro.