O BNG pide á Xunta que urxa ao Gobierno central a autovía entre Ourense e Lugo

La Voz OURENSE

OURENSE

Las obras de la autovía quedaron paradas en la frontera con Lugo en Vilamarín (en la imagen)
As obras da autovía quedaron paradas na fronteira con Lugo en Vilamarín (na imaxe) Santi M. Amil

«A construción da A-56 é fundamental para a vertebración do interior do país», di o deputado ourensán Iago Tabarés

18 mar 2022 . Actualizado á 12:39 h.

O deputado ourensán do BNG, Iago Tabarés, defenderá no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para instar á Xunta a porse en contacto co Goberno central para esixir a execución da autovía entre Lugo e Ourense. «A construción da A-56 é fundamental para a vertebración do interior do país», di o representante da organización nacionalista.

O BNG fai fincapé na necesidade de executar os tramos Ourense-Cambeo e Cambeo-San Martiño. «Trala entrada en servizo do treito de menos de 10 quilómetros entre San Martiño e o enlace norte de A Barrela, non hai avances significativos, nin previsión deles, no trazado do vial, básico para o desenvolvemento económico e social do interior de Galicia», di Tabarés.