O Inorde promocionará o geodestino Terra de Celanova- Serra do Xurés

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Representantes de los municipios del geodestino Terra de Celanova- Serra do Xurés
Representantes dos municipios do geodestino Terra de Celanova- Serra do Xurés Cedida

O público potencial é o de toda Galicia e do norte de Portugal

07 mares 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O Inorde e os municipios que integran o geodestino Terra de Celanova ? Serra do Xurés celebraron a comisión de seguimento para liquidar a execución das actividades do plan de acción do 2021 e avanzar as deste ano. «O espírito de actuacións que estamos a deseñar para este ano son accións de márketing que xeren notoriedade do xeodestino», dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández. No 2021, explicou, incidiuse na implantación de ferramentas como un mapa de recursos interactivos dispoñibles na páxina web, e para este ano propúxose incidir na promoción para xerar notoriedade. «Isto levarase a cabo a través de accións de comunicación dixital que nos permitan dirixirnos ao noso público potencial e realizar actividades de road show para ir a cidades de Galicia e do norte de Portugal para que a xente coñeza máis os recursos turísticos», explicou Fernández.

Durante a reunión avanzouse na proposta que se trasladará a Turismo de Galicia para a firma do convenio que ampare ao geodestino ao que están adheridos os municipios de Cartelle , A Merca, Gomesende, Ramirás, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e A Bola.