Ourense roza os 3.000 casos activos de coronavirus, a metade dos que había fai apenas dúas semanas

La Voz OURENSE

OURENSE

Esta semana hay cribados en el Espazo Xove de Ourense el miércoles y el viernes
Esta semana hai cribados no Espazo Xove de Ourense o mércores e o venres Santi M. Amil

Só 14 concellos teñen máis de 30 veciños infectados de covid

21 feb 2022 . Actualizado ás 20:26 h.

A curva de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras segue baixando e sitúase en 3.001 pacientes covid. Son menos da metade que había hai pouco máis de dúas semanas —o 4 de febreiro contabilizábanse 6.028 persoas infectadas— e é menos dun terzo dos 9.615 que marcaron o pico da sexta onda o 12 de xaneiro. O último balance recolle 132 novas infeccións, a cifra máis baixa en dous meses. Eleva a 57.993 o número de ourensáns que se contaxiaron desde o inicio da pandemia. Outras 452 persoas recibiron a alta tras curarse (e xa son 54.473 nesta situación).

Aínda que hai casos activos en case todos os concellos (fóra de Baltar, San Xoán de Río, A Teixeira e Calvos de Randín), a repartición é moi desigual e apenas 14 superan a trintena de positivos. Hai 1.312 veciños contaxiados en Ourense , 168 no Carballiño , 119 en Ribadavia , 111 en Barbadás , 84 en Xinzo de Limia, 82 no Barco de Valdeorras, 79 en Verín , 64 en Leiro e Allariz, 54 no Pereiro de Aguiar, 51 en Celanova , 42 en San Cibrao das Viñas, 36 en Maside e 34 en Maceda .

En canto á presión asistencial, sobe de novo o número de ingresados con covid. Hai 77 persoas en planta de hospitalización convencional (o domingo eran 75) e 7 na uci.