![](https://img.lavdg.com/sc/DKzamRSEV-x2W6KB7N9kvwsDLFY=/480x/2021/11/20/00121637425141815864649/Foto/O20N1028.jpg)
O deputado nacionalistas, Néstor Rego, presentou emendas por preto de 132 millóns de euros
21 nov 2021 . Actualizado á 05:00 h.O BNG ponlle tarefas ao Gobierno central, en forma de emendas para incrementar o investimento do Estado na provincia de Ourense. O deputado nacionalistas, Néstor Rego, presentou variacións ás contas por preto de 132 millóns de euros para atender a crise industrial e social da cidade e a súa área de influencia. A formación nacionalista aposta polas conexións ferroviarias como medio de transporte de futuro e demanda que o Goberno contemple partidas suficientes. «Queremos conseguir unha vertebración real da zona sur do noso país», indicou Rego.
Tamén considera o Bloque necesario avanzar nas conexións por estrada. Sinala, neste sentido, imprescindibles a A-56 a Lugo e a A-76 a Ponferrada.