Os premios Pérez Canal en Ourense distinguen traballos sobre estratexia empresarial e turismo

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Premiados por los TFG José Manuel Pérez Canal 2021
Premiados polos TFG José Manuel Pérez Canal 2021 Santi M. Amil

A iniciativa é do Colexio de Economistas de Ourense e da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

17 nov 2021 . Actualizado á 05:00 h.

Dous traballos sobre a economía do ben común como estratexia empresarial e a responsabilidade social corporativa das principais cadeas hoteleiras españolas foron os gañadores dos premios TFG José Manuel Pérez Canal 2021. As distincións, que foron entregadas este martes no campus de Ourense, distinguen cada curso académico aos mellores traballos fin de grao presentados por alumnado dos diferentes graos que se imparten na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. A iniciativa tamén está organizada polo Colexio de Economistas de Ourense.

Na categoría de grao de Administración e Dirección de Empresas, o primeiro premio foi para Adrián López, quen abordou os principios do modelo de economía do ben común. Para entender o funcionamento destes indicadores, o autor analizou o balance do ben común dunha empresa, Cartonaxes A Plana, e realizou unha pequena análise comparativa cos clásicos indicadores financeiros. «Isto demostra a viabilidade da implantación deste modelo económico», concluíu Adrián.

Na categoría de Turismo, o galardón foi para Nuria Gil, que realizou un traballo sobre as principais cadeas hoteleiras españolas a través da análise comparativa da súa desempeño ambiental. «A responsabilidade social oucupa un papel fundamental debido aos impactos ambientais negativos que a industria hoteleira pode ocasionar nos destinos que opera», sinalou.

Conferencia de María Álvarez

A creativa, María Álvarez, foi a encargada de dar a conferencia nesta xornada. É directora xenerala da empresa de publicidade The&Partnership España. Na súa intervención explicou a gran transformación do mundo da comunicación e a publicidade na pandemia.