A Deputación afirma que o convenio para arranxar pistas que anunciou o Concello de Xinzo está paralizado

La Voz

OURENSE

Pista das Riscas, en Xinzo de Limia
Pista dás Riscas, en Xinzo de Limia concello de Xinzo

A institución provincial di que falta documentación e o Concello asegura que enviou toda a que se lles solicitou

09 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación di que o convenio que o Concello de Xinzo anunciou para o arranxo de pistas nunha vintena de núcleos do municipio está paralizado porque falta documentación que debe achegar o concello. Asegurouno o deputado provincial Pablo Pérez (PP), que acusa o Concello (gobernado polo PSOE en coalición) de difundir noticias incertas pois «non hai ningunha actuación nin programada nin presupostada».

O Concello, pola súa banda, afirma que presentou a documentación e considera «un erro» que a Deputación paralice estes arranxos. A alcaldesa Elvira Lama pedirá unha reunión con Baltar.