O CEIP Ben-Cho-Shey do Pereiro e o IES 12 de Outubro de Ourense quedan libres de casos de covid

La Voz OURENSE

OURENSE

Agostiño Iglesias

Consulta a listaxe de centros educativos da provincia con positivos adscritos

03 mares 2021 . Actualizado ás 17:25 h.

Dous centros educativos da provincia quedan hoxe libres de casos adscritos de covid. Trátase do CEIP Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar e o IES 12 de Outubro de Ourense , que ata agora contaban cun positivo en coronavirus asociado. Que significa asociado? Pois que pode ser un alumno, un docente ou calquera outro traballador relacionado co centro, como o persoal de limpeza, o de comedor ou o do transporte. 

Con esas dúas altas (en cada centro había un único caso) baixan tamén en dous os casos activos nos centros educativos da provincia, un total de 25 repartidos por 20 escolas iinfantiles, colexios e institutos. Pero houbo unha alta e un contaxio máis: un contaxio no Castro de Baronceli de Verín , que ten tres casos adscritos; e unha alta no CEIP Bibei de Viana do Bolo, que queda cun positivo.