O Grumir carballiñés volverá atender avisos durante as 24 horas

La Voz OURENSE

OURENSE

Cedida

O grupo municipal de urxencias pasara ao horario matinal polas baixas e a carga laboral forzada pola pandemia

30 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O concelleiro de Persoal, Seguridade e Protección Civil do Carballiño, Manuel Sotelo, comunicou ao Centro de Emerxencias 112 Galicia que desde ou próximo 1 de febreiro o Grumir volverá atender avisos de luns a domingo en horario de 24 horas. O servizo pasara ao horario matinal, debido ás baixas e á carga laboral forzada pola pandemia, atendendo pola tarde esas urxencias o parque de bombeiros carballiñés.

Así se reforza a coordinación co resto de servizos, co fin de optimizar a eficacia do centro de atención. Aínda que no goberno carballiñés consideran así que dan un paso máis na calidade da cobertura dos seus veciños.