O Lazarillo de Tormes e Pippi Langstrump, protagonistas das citas coa Moti

La Voz OURENSE

OURENSE

Miguel Villar

A mostra propón para este sábado un espectáculo no Principal e outro no Auditorio

26 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois duns días de parón por Noiteboa e Nadal, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense volve encher de divertida dramaturgia os escenarios da capital. Ao ser sábado tocan dúas propostas distintas. A primeira é ás 17.00 horas no Principal. Trátase de «Lázaro de Tormes», un espectáculo de teatro de máscaras baseado no coñecido clásico da literatura. Diríxeno Pablo Sánchez e Laura Sarasola, da compaña galega Pedras de Cartón. Está recomendado para nenos a partir de 5 anos, ten unha duración de cincuenta minutos e o prezo das entradas é de 4 euros.

A Moti estará no Auditorio coa estrea de «Coñecendo a Pippi», unha obra do grupo Geppetto, da aula universitaria de teatro infantil do Campus de Ourense. Terá dous pases, un ás 18.15 e outro ás 19.30 horas. Cuesta 3 euros por persoa e está indicada para que os nenos a gocen a partir dos 6 anos.