1980: Reclaman que se axilice o tramo Ponferrada-O Barco

La Voz

OURENSE

LOLITA VÁZQUEZ

Comisados 6.000 condóns ingleses de contrabando en Verín

19 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A rede de estradas e as conexións do oriente ourensán xa eran obxecto de iniciativas parlamentarias fai corenta anos polos atrasos e incumprimentos dos proxectos anunciados. Dous deputados de Ourense e León, Antonio Rodríguez e José Álvarez respectivamente, remitían en 1980 unha pregunta ao Goberno denunciando o atraso «en torno ao actual estado das obras de acceso a Galicia, no tramo de Ponferrada ao Barco de Valdeorras». Lembraban os deputados que as deficiencias na rede viaria eran o motivo dun bo número de accidentes na zona. Incidían en que xa se cumpriron os prazos e instaban o Goberno a aclarar os motivos do atraso e cando se pensaba abrir ao tráfico o tramo reformado.

Condóns de contrabando

Á listaxe de intervencións singulares en materia de contrabando -cocos, calzóns ou uvas pasas, entre outros materiais- sumábase a aprehensión de 6.000 anticonceptivos no posto de Feces-Verín. Preto de medio milleiro de caixas de condóns, de fabricación inglesa, foron comisados a un veciño de Feces de Cima. Tamén levaba calcetíns, medias de señora e xerseis de contrabando.