O quinteto marabilla das Franciscanas

Pablo Varela Varela
Pablo Varela OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

Cinco alumnos do centro académico ourensán presentan os seus proxectos en Santiago este venres para optar aos premios Stephen Hawking

06 feb 2020 . Actualizado ás 10:50 h.

A Ricardo Ferreira, alumno de último curso de Bacharelato en Franciscanas, sorprendeulle o ano pasado a humildade do químico neerlandés Ben Feringa. «Era un tipo moi tranquilo e escoitaba a todos», di. A conversación que mantivo con el non era cun calquera, senón con todo un premio Nobel. Foi no transcurso da exposición de proxectos científicos no IES Rosalía de Castro de Santiago, que desde fai tres anos convoca os premios Stephen Hawking para alumnos da comunidade galega.

Será o segundo no que participe Franciscanas, que xa en 2019 marchouse con dúas figuras. Este venres, serán cinco os alumnos do colexio que intentarán deixar o seu selo. Ricardo, que mergullou nas entrañas do buscador de Google para entender o seu funcionamento, repite experiencia. Como Laura Paz, ambos superaron os nervios da súa estrea no 2019 para dar renda solta ao seu talento ante un xurado composto, entre outros, por Carlos Pajares, primeiro decano da Facultade de Físicas da USC. Laura, en apenas unha tarde, plasmou en cor o bosón de Higgs. E teno case claro: estudará Belas Artes.

Pero como os seus outros tres compañeiros, ten un ollo posto na ciencia. Iago Fuentes analizou a prevalencia de parásitos dixestivos en cans da cidade de Ourense; Paula Rey -Stolle investigou os posibles usos terapéuticos das augas mineromedicinales da cidade; e Tomás Leis exporá os posibles usos do torio como combustible nuclear do futuro.