1980: Reclaman solucións para os problemas do Ribeiro

La Voz

OURENSE

sarmiento

Miles de persoas participan nunha manifestación contra o «matute» e o caciquismo

22 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Miles de persoas manifestáronse polas rúas de Ribadavia para reclamar solucións para os problemas do Ribeiro, denunciando a «venda de matute' ‘como auténtico Ribeiro» e esixindo a democratización do Consello Regulador. A marcha ía precedida dunha gran pancarta co lema «En defensa do viño do Ribeiro» e nas que se podían ver ao longo da manifestación podíanse ler mensaxes como «Prezo xusto para O Ribeiro», Fronte ó ‘matute', xusticia», «Viño Ribeiro si, ‘matute' non» e «Democratización do Consello Regulador», entre outras. Nas consignas coreadas tamén foron comúns as consignas contra os caciques e o seu papel nesta situación. Os convocantes censuraron a postura da Cooperativa do Ribeiro, que non apoiou a mobilización.

Marcelino Camacho

Entre outros apoiaron a marcha coa súa presenza, e intervencións, o parlamentario Marcelino Camacho, e o senador Celso Montero.