Un quinto premio da lotería de Nadal deixa 18.000 euros en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Vendéronse dous décimos do número premiado, 06293, no barrio de Santa Teresita, na capital, e un en Padrenda

22 dic 2019 . Actualizado ás 19:40 h.

A lotería de Nadal deste ano empeza a ter pegada en Ourense. Aínda que o gordo non pasou por a provincia, nin por Galicia en xeral, o segundo quinto premio, que recaeu sobre o 06293, si parou aquí. Vendéronse concretamente dous décimos na capital e un en Padrenda con 6.000 euros cada un. Na cidade os dous boletos vendeunos Antonio Nóvoa, propietario de Loterías Vilamarín, na rúa Río Xares do barrio de Santa Teresita. «Estou encantado de ter podido repartir sorte un ano máis, é moi emocionante», explicaba o encargado do establecemento.