O Partido Por Un Mundo Máis Xusto ve no despoboamento unha oportunidade

La Voz OURENSE

OURENSE

CARLOS PETEIRO

A provincia de Ourense podería converterse en «terra de acollida para os inmigrantes»

25 oct 2019 . Actualizado ás 15:43 h.

«O despoboamento e o envellecemento da poboación ten ante si unha magnífica oportunidade de ser acolledora e ‘agarimosa' con todos os inmigrantes que buscan un lugar onde vivir en paz e en convivencia». Son palabras de Rafael Manuel Fernández Alonso, cabeza de lista do Partido Por Un Mundo Máis Xusto en Ourense e candidato á presidencia do Goberno desa formación, que se presenta nas 51 provincias españolas. O ourensán presentou o programa electoral do partido e sinalou que Ourense ten unha oportunidade «magnífica» para ser «terra de acollida para os inmigrantes».