Amencer estima que hai máis de 1.200 familias con dependencia de axuda externa en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A asociación, que presentou a súa Memoria de Actividades correspondente ao ano 2018, traballa xa na Operación Quilo de decembro

18 oct 2019 . Actualizado á 19:50 h.

A presentación da Memoria de Actividades 2018 da Asociación Amencer deixou varios datos rechamantes en relación aos actos de solidariedade levados a cabo pola agrupación durante o último curso. O director, Xulio César Iglesias, cifra en 1.238 as familias ourensás que acudiron a Cáritas no último ano para pedir axuda.

«E calculamos que en total son 3.167 persoas, entre as que hai moita xente que vive soa», di Iglesias. A asociación, que xa traballa na Operación Quilo de cara ao mes de decembro, espera que como mínimo se igualen as 26 toneladas de alimentos que se recolleron o ano pasado entre as organizacións participantes.

«Comezamos en solitario hai moitos anos, e gústanos ver que agora somos moitas entidades solidarias máis», di compracido Iglesias. 

As cifras de participación no 2018

Iglesias cifra en 14.359 o total de nenos e nenas que participaron nas actividades de Amencer adscritas á súa área de Infantil durante o ano pasado. Moitos deles son ourensáns, pero tamén os hai procedentes doutras localidades e ningúns que, por motivos de vacacións durante os meses estivais, chegaron doutras zonas de Galicia ou a Península.

Ademais, tamén tomaron partido 8.241 adolescentes, 880 voluntarios e 5.030 adultos. Iglesias valora estes números como unha proba de que Amencer «segue moi viva, e sempre activa de luns a domingo tódolos días do ano».