A UNED da Rúa abre o prazo de matrícula do próximo curso o 5 de xullo

María Doallo Freire
María Doallo O Barco

OURENSE

CEDIDA

Os interesados poderán inscribirse nos graos ou másteres ata o 23 de outubro

26 jun 2019 . Actualizado ás 21:24 h.

Os prazos de matrícula para toda a oferta de formación que ofrece a UNED da Rúa abrirán o próximo 5 de xullo e durarán ata o 23 de outubro. No caso dos graos, tanto os presenciais en Psicoloxía, Dereito, Educación Social e Pedagoxía, como os de formación on-line, requiren dun proceso de admisión previo cuxo prazo xa comezou e remata tamén o 23 de outubro.

No caso dos másteres que ofrece a aula da universidade a distancia, a matrícula abrirase o mesmo día que os graos, pero ten o requisito obrigatorio de cumprimentar unha preinscrición antes do 10 de xullo para alumnos novos e entre o 10 e o 30 de setembro para alumnos antigos.

Para rematar, os cursos de acceso para maiores de 25 e para maiores de 45 anos contemplan a modalidade presencial. Ademais o seu prazo de matriculación vai do 5 de xullo ao 23 de outubro, como nos demais casos.

Texto