«En cinco minutos estaba a arder todo completamente»

La Voz OURENSE

OURENSE

O veciño que alertou aos bombeiros temeu porque o lume pasase á súa propiedade

24 abr 2019 . Actualizado ás 10:52 h.

Maxi Ibáñez estaba no soto da súa casa, na zona A Chavasqueira da capital ourensá, cando un forte ruído o alertou ao redor de únaa da madrugada. Saíu fóra e foi entón cando viu arder o teito das termas. Correu cara ao parque de bombeiros, que está a só uns metros da súa casa, para alertalos. Pouca marxe de manobra había, segundo asegura este veciño: «En cinco minutos estaba a arder todo completamente». 

«Achegueime ao límite, que separa a casa das termas para mollalo toda cunha mangueira e intentar evitar que pasase aquí», asegura este veciño, que vive a uns metros do lugar do incendio.