Do espírito da revolución francesa aos traidores do PSOE

x. m. r. OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

Fraga e socialistas da zona carballiñesa defenden o traballo do «compañeiro» Adolfo Nogueira

31 ene 2019 . Actualizado ás 08:30 h.

Había expectación pola comparecencia dos socialistas da comarca do Carballiño. Convocaba o exportavoz do partido na Deputación, Francisco Fraga, e a posibilidade de anunciar dimisións e unha nova plataforma electoral -sobre todo tendo en conta a hiperactividade que se está dando na vila carballiñesa por parte dos «pachistas»- pero como reiterou en varias ocasións para responder as preguntas expostas: «Non é a cuestión da que estamos a falar».

O exalcalde de Piñor apelou en varias ocasións ao lema da Revolución francesa -liberdade, igualdade, fraternidad- para explicar por que el e varios edís ou militantes dos municipios de Piñor, San Amaro, O Irixo, Cea e Punxín facían unha rolda de prensa para defender a xestión e o compromiso de Adolfo Nogueira co PSOE e cos intereses dos veciños do Carballiño. A cita quedou aparente, aínda que en realidade só un dos conceptos xustificábaa: «A fraternidad e o compañeirismo dos militantes socialistas da comarca do Carballiño na defensa da traxectoria e o traballo de Adolfo Nogueira».

O apoio e a solidariedade chegaron acompañados dunhas cantas notas de legalidade e procedemento. Así, lembrou Fraga que o alcalde, Francisco Fumega, non podía cesar a Nogueira como portavoz «xa que esa é unha decisión do partido e do grupo municipal e non unha competencia delegada do alcalde. Pode cesalo das súas responsabilidades como concelleiro, que lle son delegadas como tal polo alcalde, mais non como portavoz».

E a partir de aí o exregidor de Piñor xa tirou por elevación. As palabras de Nogueira en defensa de Pachi Vázquez estarían na orixe da decisión de Fumega -ao que Fraga afeou que non se acordase do moito que o exconselleiro «fixo por el, sen ir máis lonxe hai agora case catro anos para que chegase a alcalde»- e o seu compañeiro actuaría como executor das decisións da dirección provincial. Aproveitou para dicir que o carballiñés non falara con el desde que foi destituído como portavoz provincial e instou a Fumega a recapacitar porque a súa decisión «a uns meses das eleccións a nada conduce».

En varias ocasións referiuse o deputado provincial «ás purgas» e «aos traidores» do legado socialista e houbo momentos clarificadores: «Estannos mandado fóra. Non sei se calibran o que están facendo».