Morren dúas veciñas da Rúa de Valdeorras nun accidente de tráfico en Chile

La Voz O Barco de Valdeorras

OURENSE

O condutor do camión que provocou o choque deuse á fuga

17 sep 2018 . Actualizado ás 20:53 h.

Dúas veciñas da Rúa de Valdeorras faleceron tras sufrir un accidente de tráfico en Chile, na ruta B-25, que conecta a cidade de Calama con Sierra Gorda.

As dúas mulleres viaxaban nun todo terreo xunto ás súas parellas (un deles, un rués que traballa alí) cando chocaron contra un camión, cuxo condutor se deu á fuga.

Os medios locais especulan co feito de que o camioneiro fose bébedo, polo que fuxindo intentaría evitar a proba de alcoholemia. Foi detido horas máis tarde.As falecidas son R. M. D. R. e F. L. S., de 32 e 24 anos de idade.

Un de dous feridos está fóra de perigo e o outro grave. As falecidas viaxaran a Chile para asistir a unha voda.