
Pasa o tempo e sigo sen ser capaz de entender toda esta obsesión polo San Fermín. Polos seus encerros, máis en concreto. Unha obsesión que se estende dende o común de a pé aos medios de comunicación, especialmente á televisión pública. O cal me empurra a cavilar quen turrou de quen ata chegar a este absurdo. Arredor de todo isto hai unha promoción moi aseada da festa. O encerro desprende tensión, nerviosismo, risco, ousadía. Algo que vende e gusta. Abonda con ver os espectadores fronte á televisión. Agora ben, despois disto aínda agarda un acto de violencia que arrepía. Xa que o día rematará na praza de touros, en medio de sangue. Non consigo apreciar arte en nada disto, nin festa. Quizais se deba á miña incapacidade e limitacións. Non chego a nada disto elevado xa ao altar de símbolo e ben patrio. Manuel I. Nanín. O Carballiño.
Calle abandonada en Ribeira
Parece inexplicable que en una calle nueva de Ribeira, la que comunica con la nueva comisaría de la policía, haya un total abandono del mantenimiento en sus aceras, con vegetación que ya devora lo que debe de servir de paso a los peatones. Además, un árbol caído atraviesa la acera llegando a ocupar parte de la vía de circulación… desde hace dos semanas. Una vergüenza la dejadez de este ayuntamiento. Hugo Bolaño. Ribeira.