
É máis difícil vender un libro que escribilo
Miles de libros publícanse cada mes, e destacar entre tantas opcións require non só calidade literaria, senón tamén habilidades en mercadotecnia, redes sociais… É frustrante para moitos autores ver como obras ben escritas pasan desapercibidas mentres que outros libros, a miúdo impulsados por tendencias ou figuras populares, reciben toda a atención.
A isto súmase o feito de que moitas editoriais grandes priorizan a autores xa recoñecidos ou celebridades, deixando pouco espazo para novas voces. E para os que optan pola autopublicación, o reto é dobre: producir e promocionar, case sempre sen o apoio económico.
Vender un libro hoxe non é só cuestión de talento, senón de estratexia, visibilidade e resistencia. É hora de recoñecer que detrás de cada exemplar vendido hai un esforzo titánico que merece ser valorado. Na miña opinión, un bo exemplo é a obra Ordena o teu tempo. Laura Rodríguez Rey.