
O apagamento puxo de manifesto algo que moitos xa sabiamos: a baixa valoración da educación. Como sempre, a educación é unha desas cousas que salguen mal paradas. Unha das medidas estrelas tras o apagamento, e razón principal que me trae ata aquí, é que gran parte das comunidades, como no caso de Galicia, onde vivo e traballo como profesor, decidiron, por orde do Gobierno, quen tomou a xestión da situación, suspender a actividade lectiva dos centros. É dicir, que non houbese clase. Pero, en cambio, estes debían permanecer abertos para axudar á conciliación familiar. E aí é onde reside o problema, ver os centros educativos como espazos que axudan á conciliación e non como lugares onde educar, ensinar e formar a persoas. Dígoo alto e claro: non somos coidadores e os colexios e institutos non son garderías. Somos educadores, os responsables na formación dos vosos fillos, e os centros son espazos onde se forman a persoas críticas. Debemos desterrar do imaxinario colectivo esa idea errónea de que os colexios son espazos onde deixar aos fillos de 9 a 2. Eyner Fernández. Lugo.
Convocatoria pública ou teatro mal montado?
O 30 de abril participei nun proceso selectivo para formar parte das listas de maquillaxe da CRTVG. Sobre o papel, era unha convocatoria pública e obxectiva; na práctica, resultou ser calquera cousa menos iso: as aspirantes fomos chamadas en quendas sen orde aparente, sendo as primeiras en pasar aquelas que xa estaban en listas. Para máis sorpresa, foron chamadas polo seu nome e apelidos diante do resto. Onde queda o anonimato? A proba práctica foi avaliada só pola presidenta do tribunal, que fora profesora de varias participantes. Non houbo criterios de avaliación públicos, nin rúbrica, nin gravación, nin supervisión externa. Imparcialidade? Brillou pola súa ausencia. Como profesional da maquillaxe, pido máis respecto polos dereitos das candidatas. Como cidadá, esixo que os procesos selectivos en medios públicos desenvólvanse con transparencia, igualdade e xustiza. Alba Cabadas. Lugo.