Enlamar e conspirar

César Rodríguez Pérez
César Rodríguez XOGO DE TRONOS

OPINIÓN

Santiago Abascal, durante el seguimiento de la jornada electoral del 23J
Santiago Abascal, durante o seguimento da xornada electoral do 23J A. Pérez Meca | EUROPAPRESS

28 jul 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Fuches, por deméritos propios, o único gran perdedor das eleccións xerais. Reveláchesche como un gran movilizador de votos para os teus rivais. Fuches un estorbo para o PP. Tensionas as costuras dun país que non é como ti pensas (monolítico, centralista, de banderita e pandereita) cun discurso alporizador e fantástico nas redes e nos estudios... Con estas vimbias na túa zurrón, decides non facer autocrítica e pescudar por que estás en caída libre. No seu lugar, posche a cuestionar o sistema. A sementar dúbidas, sen proba algunha, sobre a limpeza dun sistema electoral de plenas garantías.

A Abascal , non podía ser outro o protagonista desta columna, gústalle xogar a imitar a Donald Trump. Fáltalle o talento dramático do expresidente estadounidense. Se o tivese, mostraría en público o falso documento que circulaba o outro día por Twitter (a estraña plataforma que agora se chama X) cuns resultados alternativos e delirantes do 23J que daban o segundo posto a Vox . Tiña a aparencia dun billete do súper, pero puña no membrete o nome da compaña Indra, unha das favoritas dos conspiranoicos pata negra da patria para explicar todo o que non sucede conforme ás súas expectativas. Non sabemos se votaremos nuns meses, pero teñan claro que a ultradereita volverá enlamar o campo.