Aesia e os museos

Manuel Luis Casalderrey
Manuel-Luis Casalderrey RECUNCHO ABERTO

OPINIÓN

M. MARRAS

10 dic 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Foi unha noticia importante e reconfortante, a da elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia). As razóns expostas despois do Consello de Ministros fan referencia ao substrato da Universidade da Coruña con grupos de investigación e formación que xa traballan no desenvolvemento da intelixencia artificial. Ademais, as empresas do sector significarán unha importante plataforma para o desenvolvemento da IA. Tamén influíron outros factores como as actuacións neste campo das outras universidades galegas e das empresas situadas no resto de Galicia.

A min ocórrelleme pensar que hai outro factor que puido influír na decisión do Goberno de España para situar Aesia na Coruña. E é a presenza na Coruña dos Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Acuario Finisterrae) e do Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). Grazas a estas institucións, A Coruña é a cidade da Ciencia por excelencia e ten unha aura científica que percorre toda a cidade e esténdese a outras institucións xurdidas por imitación. Mesmo se coou na reunión do Consello de Ministros onde se tomou a decisión de situar na Coruña a Aesia.