O «1x1» na vitoria do Racing Club Ferrol fronte ao Talavera

Elba de la Barrera Agulló
E.Barreira FERROL / LA VOZ

OPA RACING

José Pardo

Jairo Noriega soubo ler á perfección as lagoas existentes na zaga dos de Nogueiras para selar as táboas na remontada

31 ago 2025 . Actualizado á 13:59 h.

Estrea con vitoria para os de Pablo López no regreso do Racing Club Ferrol á categoría de bronce fronte ao Talavera (2-1)  nun choque que empezou costa arriba para os locais, que acabaron remontando grazas a un disparo desde a distancia de Jairo e unha acción a balón parado. O técnico coruñés, que partiu co seu habitual 4-3-3, acabou o partido con defensa de tres centrais. 

o mellor

Jairo| 7

O coruñés devolve o trasgo á Malata. Aparece e desaparece. Maxia, que valeu o primeiro tanto dos locais. Se o balón pasa polas botas do coruñés calquera cousa pode ocorrer. Faltoulle a guinda nun remate que se lle marchou escorado.

 

un a un

Parera | 6

Nada puido facer ante o recorte de Moreno no gol. Seguro no xogo de pés e sacou unha manopla providencial a remate de socato de Marcos Moreno.

Artetxe | 5

Algo brando na primeira metade. Con dificultades en saída de balón ante a presión do Talla e problemas tamén ás costas. Máis firme tras o paso por vestiarios e a calor do público. 

Zalaya | 7

Xerarca. Bo xogo directo, con cambios de orientación que marcan o tempo. Contundente en fase defensiva, especialmente na segunda metade. Croque contundente no segundo gol do Racing.

Álvaro Ramón | 5

Traballador. Esixido ao máximo. Viullas con Valen o ex da Ponfe e sufriu de xeito abondo nas transicións rivais. Non recibiu excesiva axuda dos seus extremos.

Migue Leal | 5

Luces e sombras. Dun despexe morno do lateral naceu a acción do gol dos de Nogueiras. En ataque é un máis aumentando a profundidade e estirando ao equipo.

Gorostidi | 7

 Notable.Capitán en todas as súas acepcións. Pediu calma, distribuíu, demostrou que tamén ten bo disparo e olfacto na área rival. 

Álvaro Peña | 5

Estratego. Súa foi a acción de falta que desembocou no cabezazo de Zalaya. Botóuselle en falta para dotar de corpo á medular nalgunhas fases do partido.

Álvaro Juan | 6

O seu desborde é indiscutible, pero a defensa talavera o vigilió especialmente ben na primeira metade. Máis participativo no segundo tempo.

Pascu | 5

Correcto en ataque. Máis axuda súa precisaría na banda de máis perigo do Talla Álvaro Ramón. Disparo morno co que puido sentenciar. Substituído á falta de vinte.

Antón Escobar | 5

Unha sombra, Perdeu os nervios con Álvaro López e viu cartolina. Unha perda súa puido custar caro na recta final do primeiro tempo. Anotou no lanzamento de falta que tivo que repetirse antes de gol e pouco máis.

Gelardo | 5

Lampantín na primeira acción que tivo o de Catral, servindo un bo balón a Álvaro Juan. Máis esvaecido co cambio de sistema.

Dacosta | 5

Foi protagonista da primeira revisión co videoarbitraje, cun centro que impactou na man do defensor talaverano. Entendeu o colexiado que a extremidade estaba en contacto co céspede. Faltoulle oficio prestando axuda a Álvaro Ramon.

Álvaro Giménez | 5

Outorgoulle un cuarto de hora o míster e non dubidou en rematar un coiro servido por Álvaro Juan e demostrou que segue sendo especialista en bregarse de costas cos centrais rivais.

Pujol | -

Relevou a Álvaro Juan nos últimos compases formando unha liña de tres con Artetxe e Zalaya. 

Cuncha | -

Supliu a Jairo na recta final e situouse no flanco dereito.