Arrinca a Copa Ribadumia Clave Viaxes Sub 14

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

OPA RACING

Mónica Irago

Val Miñor-Racing de Ferrol e Quirinal-Cuatrovientos abren esta tarde o torneo na Senra

16 jun 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Trinta e dous equipos inician esta tarde a terceira edición da Copa Ribadumia-Clae Viaxes Sub 14 (infantil). Val Miñor-Racing de Ferrol e Quirinal-Cuatrovientos son, desde as 17 horas, os dous primeiros partidos que darán paso a algo máis de 48 frenéticas horas antes de poder coñecer ao campión do torneo, que sairá da final programada par o domingo ás 17.30 horas.

A Copa Ribadumia dispútase nos dous campos, natural e sintético, do complexo deportivo da Senra, cos 32 equipos divididos de saída nunha primeira fase de liguiña en media ducia de grupos, coas súas correspondente cabezas de serie: Cádiz CF (Grupo A), Shelbourne FC (Grupo B), Vilarreal CF (C), FC Porto (D), Celta (E) e Dépor (F). O FC Ichikawa Gunners xaponés súmase ao Shelbourne irlandés desde fóra da Península Ibérica.