Alcaldes en pé de guerra contra o lobo

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

VILALBA

CEDIDA

Municipios próximos ao Xistral piden máis axudas

18 oct 2018 . Actualizado ás 22:45 h.

Alcaldes de cinco municipios con territorio incluído na serra de l O Xistra?Abadín, O Valadouro, Ourol, Muras e Xermade? alertan de que o problema de ataques de lobos está a acadar niveis preocupantes. Aínda que recoñecen carecer de competencias sobre o asunto, aseguran expresar o punto de vista dos veciños, que recolleron onte nunha declaración, tras unha reunión en Muras.

Elaborar un censo da poboación real de lobos é o primeiro paso, que se xustifica pola convicción de que non hai «estudos nin seguimentos» actualizados. O segundo é a introdución dunha maior axilidade nas axudas e o incremento das cantidades: os alcaldes piden que non só se teña en conta o valor dunha res no momento de ser atacada senón o que podería acadar cando fose vendida. Doutra banda, demandan que as axudas teñan en conta aspectos como a complicada orografía de , O Xistralo que dificulta, por exemplo, que ás veces aparezan restos dos animais mortos.

Tamén se reclama un equilibrio entre o coidado da fauna salvaxe e o apoio aos gandeiros: non se pode, din, protexer aos animais e «desprotexer á xente que vive no rural», polo que piden un punto medio. Ese equilibrio non só se pide pola situación actual senón pola de futuro: os alcaldes advirten de que o problema, precisamente por estarse descontrolando, avisan de que se está provocando o peche de explotacións, co consecuente risco de aumento de zonas sen limpar e de maior probabilidade de incendios.

Ademais pídese que nas axudas se teñan en conta aspectos asumidos polos gandeiros, como a compra de mastines ou o manexo das reses debido á ameaza do lobo. Así as cousas, os cinco alcaldes desexan reunirse coa Xunta para abordar este asunto.