Sete polígonos xa teñen acceso a redes de 350 megas

La Voz

SARRIA

26 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Grazas ao Plan de Banda Longa da Xunta dotouse a 81 polígonos industriais de Galicia de redes de ata 350 megas, que sumados aos que xa contan con redes ultrarrápidas serán 131 superficies empresariais, o 93 % do chan industrial.

Na zona centro da provincia xa contan con esta cobertura o polígono da Louzaneta (Lugo), o parque empresarial de Outeiro de Rei, o polígono do Morelle (Sarria) e o parque de San Xulián de Veiga (Sarria). Pola súa banda, na zona sur conta con cobertura de 350 megas os polígonos monfortinos de Reboredo e Porto Seco e o chantadino dos Acivros.

Plans de Telefónica

Por outra banda, Telefónica informa que nos seus plans de desenvolvemento da fibra óptica, Meira xa acadou o pasado ano o 100 % de cobertura, mentres que para este 2020 fará o mesmo no municipio de Castroverde, «acadado tamén a núcleos dispersos e orográficamente complexos».