Goleada do Burela FS no debut na Copa Galicia

La Voz BURELA / LA VOZ

RIBEIRA DE PIQUÍN

ÓSCAR CELA

Os de Juanma Marrube impuxéronse ao Ribeira de Piquín FS, de Terceira, por 1 gol a 6 en Lugo

26 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Por 1 gol a 6 impúxose onte pola tarde o Peixes Rubén Burela FS ao Ribeira de Piquín FS, de Terceira División, nos dezaseisavos de final da Copa Galicia, que se disputou no pavillón municipal de Lugo. O partido supuxo o debut do conxunto que dirixe Juanma Marrube na competición da nova tempada, e ofreceu a oportunidade de ver sobre o parqué a algunhas das novas caras do conxunto laranxa, como Vargas, que marcou dous goles; Juanfran, que anotou outro; ou Porto, que tamén marcou. Os tantos restantes foron obra de Matamoros e de Pitero. Paco marcou o gol do Ribeira de Piquín.