
O tren tivo que deter a súa marcha e os pasaxeiros tiveron que ser trasladados en autobús
25 jun 2025 . Actualizado á 00:07 h.Sobre as dez da noite deste martes unha muller morreu tras ser atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade. O suceso produciuse cando o convoi que cobre a ruta de media distancia entre Ourense e A Coruña acadou á muller. O tren tivo que deter a súa marcha e os pasaxeiros foron trasladados en autobús ata A Coruña.
Segundo o 112, foi o persoal de Renfe o que deu a voz de alarma. Explicaban que un tren de pasaxeiros acababa de acadar a unha persoa no paso a nivel ao lado do apeadeiro de Rábade. Tras recibir a chamada, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil. Unha vez no punto, os equipos de emerxencias nada puideron facer pola vida da muller.