
Os actos terán lugar o mércores 28, declarado festa local
08 may 2025 . Actualizado á 18:36 h.Un mercado, unha misa, unha comida popular e varias actuacións musicais. Eses son os principais actos deseñados en Rábade para celebrar os cen anos da constitución do municipio, creado tras segregarse de Begonte. A celebración, presentada este xoves, terá lugar o mércores 28, declarado este ano festivo local.
O programa é o seguinte:
- 11.00 horas. Recepción de autoridades na antiga Casa do Concello.
- 11.30 horas. Lectura da acta de constitución do Concello na praza de España.
- 12.00 horas. Inauguración dunha escultura e dunha exposición relativas ao centenario.
- 12.30 horas. Misa no campo da feira.
- 13.30 horas. Actuación da banda Sons e Soños.
- 14.30 horas. Comida, gratuíta para os empadroados no municipio. (As invitacións pódense recoller, no servizo de Cultura e Deporte, ata o día 22).
- 17.30 horas. Apertura do Mercado do 25 na praza de España.
- 18.00 horas. Verbena do 25, amenizada por Escola Tradi Oxeito.
- 18.30 horas. Presentación e interpretación da Muiñeira morisca de Rábade, da que son autores Euloxio Penas e Xosé Torres e que interpretará este último.
- 21.00 horas. Concerto de Luar na lubre no campo da feira.
A alcaldesa, Remedios González Cabarcos, pide aos veciños que se sumen á programación desa xornada. «Queremos que sexa un día para o recordo, polo que convidamos a asistir a todos os veciños e veciñas para celebralo xuntos», dixo a rexedora.