Reunión dos quintos do 44 de Pol nos anos 90

La Voz

POL

BARREIRO

Entre os asistentes atopábase José Antonio Labrada Losada

15 ene 2019 . Actualizado ás 08:28 h.

Esta fotografía foi tomada nunha das reunións que celebraron nos anos noventa os quintos do 44 de Pol, que se reencontraron para comer nun hotel. Entre os que aparecen na imaxe atópase José Antonio Labrada Losada (cuarto pola esquerda), que foi subdelegado do Goberno; Gabriel Carballo; o taxista Roberto, ou Legaspi.