A Feira de Ano de Gomeán celebra o seu centenario ao grande

La Voz LUGO

O Corgo

O evento gandeiro foi recuperado por uns veciños do Corgo tras case 50 anos desde que foi suspendido

13 ago 2023 . Actualizado ás 17:48 h.

O número 23 é xa sacro na parroquia de Gomeán, no municipio lucense do Corgo. E é que, este 2023, a Feira de Ano cumpre o seu 100 aniversario. Un evento que naceu no 1923 e que, nun principio, celebrábase os días 23 de cada mes. Este detalle da tradición quedou atrás, como o evento en si mesmo, xa que Gomeán quedou sen o seu Feira de Ano durante décadas. Ata que, no 2020, o labor da asociación de veciños Os Salgueiriños fixo que se recuperase a tradición, perdida na década de 1970. E o certo é que foi todo un éxito.

Este domingo, Gomeán celebrou os seus cen anos na terceira edición da recuperada Feira do Ano. Este domingo, houbo unha actuación a cargo de e Legua Dereita quen quixese puido aprender a facer cestos, traballar o barro, comprobar que aínda existen zoqueiros, como sobreviven oficios como o de silleiro, como aínda que as cabazas só se converten en carrozas nos contos, poden ser tamén lámpadas; como se traballa o liño, como é a historia da mecanización agrícola en Galicia, degustar carne de cachena ou como os cans son bos en agility....

Como este ano cumpriu cen anos, a feira tivo de todo. Mostra de razas autóctonas, oficios, traxes...., pero tamén estampas do pobo. Fotos históricas que falan da historia da parroquia, dos seus veciños, xente ás que uns lembran. Outros non. Pero, como non, alí estarán tamén as fotos de Emilio e Poldo, os dous pulpeiros que percorrían as feiras da zona hai agora un século e que non quixeron perderse a Feira de Ano, aínda que fose desde a memoria dos alí presentes.