0003_202402C28C5992

Cochiqueiros e Campo dá Feira triunfan na billarda de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LUGO CIDADE

,

O pavillón municipal acolleu o sábado unha xornada da Liga Atlántica

28 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O pavillón de Zas acolleu o sábado a undécima xornada da Liga Atlántica de Billarda, na que triunfaron varios deportistas da zona. Na categoría absoluta masculina, por exemplo, venceu Abel Regueiro de Cochiqueiros de Cercerda. O segundo foi Xián, chegado desde Sanxenxo, e o terceiro, Bonxe, de Castro de Rei, en Lugo.

Na categoría feminina, gañou Mercedes , do Campo dá Feira de Paiosaco. O podio completárono dous de Cochiqueiros, Irene e Sonia. O alcalde Manuel Muíño fixo entrega dos trofeos.