Que se pode facer este 9 de setembro en Lugo?

a voz LUGO

LUGO CIDADE

Grupo Los Mécanicos, que actuará no Clavicémbalo de Lugo
Grupo Os Mécanicos, que actuará non Clavicémbalo de Lugo TANXENCIAS

Vilalba lembra a Darío Xohán Cabana, seguen as festas na Fonsagrada e Sarria e haberá teatro e música

09 sep 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Varias actividades para este venres 9 de setembro, previo dunha fin de semana con abundantes actos lúdicos

No Vello Cárcere, ás 19.30 horas, Federico Buyolo presenta «Palabras sentidas». Estará a alcaldesa.

En Augas Férreas, ás 19.30 horas, haberá danza urbana con DJ Jayem.

No pub Clavicémbalo, de noite, concerto do grupo Los Mecánicos.

Na Fonsagrada seguen as festas con charanga ao mediodía e pola tarde nos bares e verbena con Escaparate e Platinum.

En Sarria seguen as festas dos Remedios con sesión vermú coa orquestra Tokio, que repite na verbena con Cordosom.

En Palas de Rei, na Casa da Cultura, a compañía Ateneo representa «Páncreas», ás 21.00 horas, dentro da Mostra de Teatro Amador.

En Vilalba, o Iescha promove un acto de lembranza a Darío Xoán Cabana. Entregarase unha placa de socio de honra. O acto será ás 20.30 horas no auditorio municipal vilalbés. Logo do acto emotivo haberá un concerto da cantante galega Cris Román. A entrada é libre e gratuíta, pero hai que facer reserva nas web do Concello ou hoxe mesmo no auditorio.