A Garda Civil detén a un instalador de Internet que furtaba xoias e diñeiro en varias vivendas de Lugo

Tania Taboada

LUGO CIDADE

CEDIDA

O arrestado vendía o material subtraído en establecementos de compravenda de ouro

27 jun 2019 . Actualizado ás 08:33 h.

A Garda detivo a un veciño de Lugo, de 41 anos de idade, como suposto autor dun delito continuado de furto en vivendas habitadas. Os feitos ocorreron entre os meses de febreiro e marzo deste ano, cando o presunto autor, aproveitaba a súa profesión de instalador de Internet para subtraer xoias e diñeiro no interior das vivendas onde realizaba os traballos. A continuación, o home vendía o material furtado en establecementos de compravenda de ouro.

Os axentes interviñeron diversas xoias, que foron recoñecidas polos seus propietarios e postas á súa disposición.