Un incendio forestal afecta a unha área de concentración parcelaria en Castro de Rei

CASTRO DE REI

O alcalde asegura que non hai casas nesa zona e que o lume non reviste perigo
19 sep 2025 . Actualizado á 18:53 h.Un incendio forestal afecta a tal hora a un pequeno terreo de concentración parcelaria e de monte no concello lucense de Castro de Rei. Medio Rural tivo constancia deste lume pasadas as 15.30 horas deste venres e mobilizou aos equipos de extinción dispoñibles para traballar na zona, a parroquia de San Martiño de Goberno.
Ata alí desprazáronse dous axentes, cinco brigadas, catro motobombas e dous helicópteros. Trátase dunha zona con gran presenza de concentracións parcelarias, aínda que tamén algo de monte. Os terreos que están a arder varían entre leiras rústicas e plantacións forestais.
O alcalde, Francisco Balado, sostén que o incendio «non reviste perigo», xa que «non hai vivendas preto de alí». O lume, que polo momento ten un tamaño relativamente pequeno, continúa activo. Medio Rural aínda non deu cifras da superficie calcinada.