A única sala de despezamento de caza de Galicia inicia a tempada con 22 corzos e xabarís

Dolores Cela Castro
dores cela LUGO / LA VOZ LUGO / LA VOZ

A Fonsagrada

foto Manuel

Nas instalacións da Fonsagrada entrou un porco salvaxe de 127 quilos de peso

18 sep 2018 . Actualizado ás 19:07 h.

A empresa que se fixo coa única sala de despezamento de caza de Galicia, que funciona na Fonsagrada, comezou a tempada de caza este mes. Na pasada semana entraron nas instalacións 10 pezas -traballan con corzo e con xabaril- para procesar e nesta, 12, segundo explicou Manuel Pérez González, un dos responsables da compaña, con experiencia de 27 anos no sector cárnico.

Unha das pezas que chegaron á sala nesta semana foi un xabaril de 127 quilos de peso, que capturaron cazadores de Santa Eulalia de Oscos, que quedou en 70 quilos coas diminucións. É un peso elevado, tendo en conta que a media destes exemplares é de 30 quilos canle.

A empresa, que opera en instalacións, construídas co apoio financeiro da Deputación, comercializa a carne xa despiezada e este ano empezou a elaborar chourizos de xabaril e de corzo.

A carne prepárana en cortes individuais, a envasan ao baleiro e conxélana. O seu destino son a hostalería e as vendas a particulares. O pasado ano procesaron 170 pezas de xabaril. Non traballaron con corzo.

A empresa que rexentan os irmáns Manuel e José Pérez González, xunto a Isabel Cuesta e María Luisa Cabanas, está a buscar novos mercados para a carne de caza maior coa que traballan e que, segundo o primeiro deles, ofrece todas as garantías sanitarias ao consumidor. Un dos seus obxectivos son os restaurantes. O empresario recoñeceu que quedaban poucos excedentes da pasada tempada.

«Confiamos -señaló el industrial- en que la restauración se de conta de que lles interesa mercar produtos con todas as garantías sanitarias».

Os exemplares de caza maior que entran na empresa fornécenos os cotos de caza, segundo explicou Manuel Pérez. Soamente admiten aqueles que chegan eviscerados; cos precintos dos gardas dos cotos ou os xefes de cuadrilla, que garanten a súa procedencia e que permiten poder movelos ata a sala da Fonsagrada e coa autorización dun veterinario.

Ampliar o radio de acción

Polo momento, segundo Pérez González, son cotos asturianos, da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, os que están a facer uso das instalacións, que supuxeron un investimento de 650.000 euros. Esta tempada contan con ampliar o abano coas capturas de cazadores de Ribeira de Piquín e de Meira, que xa mostraron o seu interese en facelo, segundo Pérez.

A empresa abona aos cotos 1,30 euros o quilo en canle. Os prezos, segundo o xerente, incrementaranse a medida que creza a actividade. As instalacións están preparadas para tratar 65 animais á semana. «Canta máis mercancía entre -apuntó- máis poderemos pagar porque reduce os gastos fixos».

Unha vez deshuesados os exemplares, preparados e conxelados, comercialízanos a entre 3 euros e 10 euros o quilo, dependendo da peza. Os chuleteros, segundo o empresario, véndenos a 5 euros o quilo.

A empresa que se encarga da sala de despezamento conta cun persoal de 10 empregados, que se suman aos catro socios. Conta ademais cunha rede de carnicerías.