
A central estadounidense foi elixida mellor bloqueadora de Superliga e Copa en 2021 cando xogaba no CV Alcobendas, onde foi xa adestrada por Alberto Chaparro
04 jul 2025 . Actualizado á 20:33 h.A central Tess Clark é a oitava incorporación do novo proxecto do Emevé, que será adestrado por Alberto Chaparro. Será a sexta tempada consecutiva do equipo lucense en Superliga, primeira división do voleibol español.
Tess Clark, estadounidense de 29 anos e con 1.90 metros de altura, ten experiencia nos Estados Unidos, Romanía, Alemaña, Francia e España. Foi elixida mellor bloqueadora da Superliga e da Copa españolas en 2021 cando xogaba no CV Alcobendas, que adestraba Alberto Chaparro e que tamén será o seu primeiro técnico no Emevé.
Segundo Andrés Hurtado, director de vóley do club lucense, é «unha xogadora moi completa en todos os aspectos». «Destaca especialmente polo seu ataque, ten un brazo rápido, que vai alto, e con potencia», descríbea Furtado. En canto ao bloqueo, o director de vóley explica que« o que máis resalta nela é a súa visión de xogo e a súa capacidade para ler ao rival».