
O vindeiro sábado, ás sete da tarde, disputarase o partido de volta na Estrada
01 jun 2025 . Actualizado á 20:57 h.?
Pirot; Susavila, Piay, Maxi, MARTÍN; Jacobo, Keko, Azael, Millán; Arona Sandei e Santi Gegunde. Tamén xogaron Diego Rey, Rubén Vilela, Boedo, Guitián e Brais Prieto.
?
Isra; Ander, Landeira, Elías, Óscar; Rulo, Brais Vidal, Mella, Porrúa; Gamarra e Jaichenco. Tamén xogaron Miguel Fernández, Carabán, Rey, Diego Fuentes e Hugo López.
GOLES: 1-0, min.14, Arona Sandei; 2-0, min.89, Javier Piay.
ÁRBITRO: Anás Bakali. Expulsou ao futbolista do Estradense, Miguel Fernández, no minuto 89. Amoestou aos locais Martín e Azael, e aos visitantes Óscar, Raúl e Ezequiel.
A SD Sarriá impúxose ao Estradense no partido de ida da final do play off de ascenso a Segunda Federación que se disputou no campo municipal da Pinguela, escenario no que se deron cita máis de mil persoas.
O conxunto que prepara José Antonio Rodríguez foi superior no cómputo global do partido. Na primeira parte, salvo nos instantes iniciais nos que o Estradense tratou de controlar o encontro, os sarriáns despregaron o seu fútbol, o que se traduciu en varias oportunidades claras de gol.
A primeira chegou aos 12 minutos. Rouba en mediocampo a pelota Keko, que asiste a Azael, cuxo lanzamento cruzado desvía co pé o porteiro do Estradense, Isra. Non perdoou a Sarriá no minuto 14. Susavila asiste a Sané, que ante a inoportuna saída do meta visitante remata bombeado logrando o 1-0.
Sandei tivo o segundo, pero rematou mal o balón tras un córner. A única ocasión do Estradense chegou no minuto 38 cun mal remate de Gamarra. Na segunda parte, o choque foi máis equilibrado, pero as ocasións foron para os locais. O 2-0 chegou no último suspiro por medio de Piay, pero antes, o propio Piay espetou o balón na escuadra. O sábado, a volta na Estrada.