Máis pediatras en centros de saúde: dous para Vilalba e un para Monterroso

uil VILALBA

LUGO

Exterior del centro de salud de Vilalba, que tendrá dos nuevos pediatras.
Exterior do centro de saúde de Vilalba, que terá dous novos pediatras. ALBERTO LÓPEZ

Os novos médicos forman parte dunha cobertura en consultorios  e en hospitais de Galicia

07 mar 2024 . Actualizado á 14:37 h.

Dous municipios da provincia, Vilalba e Monterroso, contarán proximamente con novos pediatras. Dous incorporaranse ao centro médico da capital chairega, e un, ao da localidade da Ulloa. A incorporación deses novos profesionais forma parte dunha cobertura que se reforza en consultorios de atención primaria e en hospitais de Galicia. Ese aumento do persoal de sanidade supón 58 novos médicos en centros de saúde de toda a comunidade ademais doutros doce en centros hospitalarios.

Os novos médicos pasarán a ser persoal fixo do Servizo Galego de Saúde, segundo explicacións da Consellería de Sanidade. A súa incorporación non se produciu por oposición senón por concurso de méritos. O prazo para pedir destinos profesionais pechouse o pasado 20 de febreiro. Aínda que se asignaron 58 novas prazas de pediatra, quedaron dúas vacantes, que se cubrirán, segundo prevé Sanidade, nunha segunda volta.

A noticia xerou unha reacción positiva en Vilalba. O PP sostén que se trata dun anuncio favorable, esperado desde hai tempo, e acusa ao PSOE e ao BNG de ofrecer soamente críticas ante situacións de falta de persoal médico, mentres a Xunta, di, se esfuerza en achar solucións. Tamén houbo unha versión crítica, a do PSOE: os socialistas aseguran que os encomios do PP local só buscan maquillar a imaxe da Consellería de Sanidade nunha etapa de carencias no ambulatorio local, e denuncia que hai prazas vacantes en Atención Primaria por baixas ou por xubilacións.