O aeródromo de Rozas di adeus a un Critérium cargado de bautizos aéreos

Lorena García Calvo
lorena g.c. LUGO / LA VOZ

LUGO

Os saltos en paracaídas e os voos acrobáticos foron o máis demandado nunha edición con moito público

24 jul 2022 . Actualizado ás 18:13 h.

O aeródromo lucense de Rozas, en Castro de Rei, baixou este domingo o pano a tres días de Critérium Aeronáutico bendicidos pola asistencia de numeroso público. Como xa é habitual, dúas actividades triunfaron sobre as demais: os saltos en paracaídas e os voos acrobáticos nos que calquera interesado podía experimentar, da man dun piloto experto, a sensación de facer loopings no ceo ou voar investido.

 A pé de pista, entre as diversas exposicións que se ofrecían, destacaban dúas. Unha, a do helicóptero da Policía Nacional, na que adultos e nenos puideron ver a aeronave da man dos axentes. A outra, a do INTA, que tamén desentrañaba para os profanos algúns segredos da aeronáutica.

A maiores, entre os principais reclamos do público estivo o simulador de voo feito polos alumnos do CIFP As Mercedes. Triunfou entre os adultos, pero tamén entre os máis pequenos.