A asociación de veciños da Milagrosa celebrou o seu 30 aniversario

La Voz LUGO

LUGO

Fíxoo cunha cea-homenaxe no restaurante Manuel Manuel de Lugo

02 abr 2022 . Actualizado á 20:20 h.

A Asociación de Vecinos, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo está de celebración. Este venres celebrouse o 30 aniversario da creación do colectivo. Por iso, celebraron a «Pegada Veciñal», na que diversas personalidades que deixaron pegada neste barrio lucense, plasmárona tamén fisicamente para a posteridade, nun acto no que tamén se presentou a Exposición «30 Anos facendo Barrio», un percorrido dos fitos máis destacados das últimas tres décadas no barrio.

Con motivo da pandemia por non foi posible celebrar a cea que, finalmente, levou a cabo este venres. Foi ás 21.00 horas, no Restaurante Manuel Manuel.

Dita cea tivo carácter festivo, pero tamén de homenaxe aos socios e colaboradores desta entidade, desde o seu inicio ata o momento actual. Houbo un momento destacado, tamén tempo para lembrar a quen, ao longo destas tres décadas, «xa non están fisicamente entre nós, pero si a súa memoria e legado», explicou a asociación.

Os organizadores insistiron, unha vez máis, na importancia das súas actividades solidarias, como a Operación Quilo ou a Operación Xoguete.

A celebración contou coa presenza de representantes institucionais do Concello de Lugo, a Deputación Provincial lucense, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

«Desde a Asociación de Vecinos, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, somos conscientes do camiño percorrido, pero, en especial, do que queda por percorrer», explican.