Unha saída de vía acaba cun coche encaixado contra un muro en Outeiro

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

cedida

Outro vehículo saíuse da vía na A6, resultando ferido leve o condutor

28 dic 2019 . Actualizado ás 18:56 h.

Este sábado rexistráronse varios accidentes de tráfico na área de Lugo. Sobre as 7 da mañá, produciuse na LU-115, en Outeiro de Rei, unha saída de vía pola marxe dereita que acabou co vehículo chocando contra o muro dunha vivenda. O suceso saldouse cun ferido leve.

Tamén sobre a mesma hora outro vehículo saíuse da vía e envorcaba. Neste caso, foi no punto quilométrico 499 da A6 que une Madrid e Coruña. Tamén se rexistrou un ferido leve.

As xeadas provocadas polas baixas temperaturas rexistradas estes días en Lugo están dificultando a condución a determinadas horas do día.