Lugo mirando ao tren

José Manuel Carballo OPINIÓN

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

09 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Pasaron case 150 anos desde que en 1875, chegada do primeiro tren a Lugo tirado por unha locomotora Mikado, inaugurábase a ponte da Chanca que abría o camiño ferroviario con España e que inaugurará no ano 1883 o mesmísimo Rey Alfonso XII así como a liña A Coruña?Lugo?Monforte-Madrid.

En 1963 inaugúranse os ferrobuses, que facilitasen as conexións entre a provincia e a capital. Pero a partir de aí, non pasa desapercibida a evolución negativa e a deterioración da nosa estación e os servizos na provincia de Lugo, tráfico de pasaxeiros, de mercancías que teñen destino ou orixe Lugo e a súa provincia. Perdeuse a vida comercial que tiña o barrio da estación.

Na primeira metade do século pasado, Lugo recibía e sacaba miles de pasaxeiros. Facturaba ao mercado nacional: gando, carne, leite, hortalizas, madeiras, etc. Á vez que recibía doutras provincias aceite, arroz, pemento, etc.

Non se nos esquece o trafego da estación, do Bar París, a cantina da propia estación, o quiosco de prensa, ou empresas como A Camerana rexentada pola familia Puga, Ferreiro Lobejón entre outras. Véñennos ao lembro trens con nomes como: «O Catalán», o Expreso, o Talgo, o «Shanghái», o TAF, o TER, o tren Correo e outros.

A día de hoxe, Lugo áchase nunha espera positiva, con proxectos para unha nova estación Intermodal, novas vías electrificadas, novos trens e nun futuro curto con conexións e liñas de alta velocidade.