Tributo ao pemento de Mougán con degustacións

La Voz

LUGO

Centos de persoas participan na festa de Guntín

25 ago 2019 . Actualizado ás 18:44 h.

Hoxe e mañá domingo • Carballeira de Meixaboi • Guntín • Guntín rende homenaxe, un ano máis, ao pemento de Mougán, con degustacións gratuítas. As actividades para hoxe son as seguintes:

 · 12.00h. Banda municipal de Guntín de Pallares

· 13.30h. Pregón da actriz Beatriz Serén

· Degustación gratuíta do pemento de Mougán. Seguidamente, quen o desexe poderá levar o seu xantar á carballeira ou mercalo no bar que se instalará no recinto

· 17.00h. Campionato de tute e espectáculo de maxia co Mago Manuel Lamas

· 20.00h. Actuación de Tania Fuegho

· Verbena na carballeira, coa Orquestra Trébol